
AGASALLA BALARES
Agasalla unha experiencia única de aloxamento e gastronomía cos nosos paquetes coidadosamente deseñados que combinan o luxo dunha estadía no noso hotel coa experiencia gastronómica do noso restaurante. Un agasallo para relaxarse, saborear e gozar ao máximo neste recuncho máxico da Costa da Morte

01. BONO "ESCAPADA BALARES"
Regala 1 noite de aloxamento para 2 persoas, con almorzo incluído. Podes engadir varios complementos ao noso servizo de restaurante para mellorar a túa experiencia.
Desde 280 € (IVE incluído)
* Non dispoñible durante a Semana Santa, xullo, agosto e Semana Santa. Suxeito a dispoñibilidade no momento da reserva. Caducidade 12 meses.
02. BONO "BALARÉS GASTRO"
Un agasallo para desfrutar da nosa cociña, dirixida por Silvia Facal e galardoada con 1 Sol Repsol. Cociña de mercado con produtos locais.
O bono inclúe dous menús degustación con aperitivo, dous entrantes, peixe, carne, dúas sobremesas e unha sobremesa para despois da cea, acompañados dunha maridaxe de viños.
Desde 220 € (IVE incluído)
* Non dispoñible durante Semana Santa, xullo, agosto e Nadal e suxeito a dispoñibilidade no momento da reserva. Caducidade 12 meses.
.jpeg)

03. BONO "CABO DE PINAL ESPESO"
Estamos situados no lugar onde o poeta Eduardo Pondal atopou inspiración para os seus "Queixumes dos Pinos".
O bono inclúe unha noite de aloxamento nun apartamento dobre con almorzo e xantar ou cea para duas persoas no restaurante (menú de mercado con maridaxe de viños).
Desde 500 € (IVE incluído)
*Non dispoñible do 15 de xuño ao 15 de setembro, nin durante a Semana Santa ou o Nadal. Suxeito a dispoñibilidade no momento da reserva.
Caducidade 12 meses (non prorrogable)
04. BONO "VIVIR AMODIÑO"
Unha experiencia verdadeiramente "lenta" no noso hotel gastronómico.
Goza de dúas noites de relaxación nos nosos cómodos apartamentos e da cociña do noso restaurante de tempada.
Desde 820 € (IVE incluído)
*Non dispoñible durante Semana Santa, xullo, agosto e Nadal. Suxeito a dispoñibilidade no momento da reserva. Caducidade 12 meses.

CONDICIÓNS, POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN E REEMBOLSOS
Os vales regalo non son reembolsables nin transferibles.
A data de caducidade NON É PRORROGABLE.
As bonificacións non están dispoñibles en determinadas épocas do ano (especificadas en cada bonificación)