top of page
WhatsApp Image 2023-10-20 at 14.28.55 (1).jpeg

RESTAURANTE

1SOL-branco 1_editado.png
Restaurante seleccionado MICHELIN_2026_Vertical_Red.png

TRADICIÓN CONTEMPORÁNEA

Dende a terraza do noso restaurante, con vistas ao mar, pódese gozar da cociña de Silvia, que, baseada en receitas tradicionais e cunha visión contemporánea, ofrece unha cociña de tempada claramente vinculada á comarca e á paisaxe que nos rodea. Comprometidos coa sustentabilidade e o medio ambiente, na medida que esto é posible, utilizamos produtos da nosa propia horta e de todo tipo de produtores locais cos que establecemos unha relación directa, contribuíndo a unha economía circular clave para o desenvolvemento do medio no que actuamos. Respectar as estacións de cada produto e garantir un control absoluto da trazabilidade garante unha oferta honesta e sostible que varía continuamente segundo o mercado.

 

Non necesitas estar aloxado no hotel para gozar do noso restaurante.

 

As familias con nenos son benvidas. Non temos menú infantil, pero hai opcións para todas as idades. Os menores deben permanecer sempre na zona de restaurante, baixo supervisión adulta. Pregamos especial respeto nas zonas comúns destinadas aos hóspedes do hotel. Prohíbese xogar a pelota, correr e o uso de patinetes e bicicletas no recinto do hotel.

Non é necesario estar aloxado para gozar da nosa gastronomía. Os nenos deberán permanecer en todo momento na zona do restaurante, respectando o resto dos que se hospeden no hotel. Prohíbese xogar á pelota, correr e usar patinetes no xardín. Non temos menú infantil pero o menú ten opcións válidas para todas as idades.

Agradecemos que nos informe, no momento de facer a súa reserva, de calquera alerxia ou intolerancia alimentaria para que poidamos planificar a adaptación do menú.

Non é posible acceder con mascotas.

A PAISAXE

Mergullados na paisaxe onde nos atopamos, a panorámica dende cada mesa do comedor é de postal, co mar e a praia de Balarés sempre no horizonte. A natureza impregna as estancias e a tranquilidade está garantida. Non precisarás pedir unha mesa con vistas, todas a teñen....

ESPAZOS

Unha cociña aberta o carón da centenaria lareira dos noso avós, unha mesa única na cociña e unha terraza con vistas o mar que no verán prolóngase ate o xardín. Un aforo moi limitado que garante a exclusividade e tranquilidade da experiencia de comer en Balarés.

CONCEPTO

·Unha cociña con profundo respecto polo produto, baseada en receitas tradicionais e cunha visión contemporánea.

Un menú (prezo mínimo 65 €) con pratos de tempada entre os que podes escoller.

Un menú de mercado (70 €) deseñado por Silvia baseado no mercado, a tempada e a inspiración. Inclúe un aperitivo, dous entrantes, peixe, carne e dúas sobremesas.

· Menús personalizados para ocasións especiais.

 

PRODUTO

A maioría dos nosos produtos proceden de orixe local e chegan directamente dos seus produtores, pescadores e procesadores. Non só acadamos unha calidade inmellorable, senón que tamén contribuímos a unha economía circular que é clave para o desenvolvemento do noso medio rural e a promoción do noso territorio. A nosa propia horta tamén ocupa un lugar destacado durante a tempada.

1SOL-branco 1_editado.png
foto_sol.jpg

Pretendemos que o noso proxecto sexa unha canle de promoción da artesanía tradicional da nosa contorna e de toda a despensa que nos rodea, que ademais de proporcionarnos unha calidade extraordinaria, supón unha economía circular clave para o desenvolvemento sostible do medio rural no que nos atopamos.

 

En 2024 fomos recoñecidos co noso primeiro SOL da Guía Repsol, que revalidamos en 2025.

_F1A3583.jpg

TEMPADA BAIXA*

Xantar de venres a domingo
Cea (consultar)

Horario de reservas: 13:30h-15:00h / 20:30h-21:30h.
Fin de servizo: 17:30 / 23:30

*Os días de apertura poden variar en función dos festivos e da ocupación do hotel
Organizamos aperturas en exclusiva para grupos concertados a partir de 8 persoas
_F1A3568.jpg

TEMPADA ALTA

Xantar de martes a domingo
Cea de martes a sábado

Horario de reserva: 13:30-15:00 /20:30-21:30
Fin de servizo: 17:30 / 00:00
bottom of page