top of page
DJI_0414.jpeg

AGASALLA BALARES

Hai unha época do ano na que a Costa da Morte se acouga. As praias baleiranse, as árbores cambian de cor, o mar vólvese máis bravo e a luz cae suave e cedo. É tempo para paseos sen rumbo pola costa, para sentarse a comer sen mirar o reloxo e para volver a casa —ou á habitación— coa sensación de ter respirado de verdade.

Os nosos vales regalo nacen desta idea: agasallar un descanso. Unha comida con produtos locais, da horta e co mar diante de nós. Unha noite rodeada de natureza, sen ruído, co son das ondas como única compañía. Unha pausa para desconectar e reconectar coas cousas sinxelas.

Agasalla unha experiencia única de hospitalidade e gastronomía cos nosos vales que combinan o luxo dunha estancia no noso hotel coa experiencia gastronómica do noso restaurante.

Un agasallo para relaxarse, saborear e desfrutar ao máximo neste recuncho máxico da Costa da Morte.

Antes de mercar o teu bono, recomendámosche que revises os termos e condicións xerais que se especifican ao final desta páxina.

CONDICIÓNS XERAIS, POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS E REEMBOLSOS

Os vales regalo non son reembolsables nin transferibles.

A data de caducidade NON SE PODE PRORROGAR baixo ningunha circunstancia.

Só se pode canxear 1 vale regalo por reserva.

Teña en conta que o hotel é moi pequeno e, polo tanto, a dispoñibilidade os sábados, o día con maior demanda, é moi limitada. Aconsellámoslle que faga a súa reserva con moita antelación e evite facelo preto da data de caducidade, xa que as solicitudes feitas demasiado preto desa data poderían non poder ser atendidas.

Os vales non son válidos en determinadas épocas do ano (especificadas en cada vale).

Ten en conta tamén que o hotel está pechado durante xaneiro e febreiro. Comproba se a data de caducidade da túa reserva inclúe estes meses e planifica en consecuencia.

Os vales de aloxamento inclúen un apartamento estándar. Non se pode seleccionar o tipo de habitación. As habitacións asígnanse segundo a dispoñibilidade e a duración da estadía, e esta asignación pode modificarse en calquera momento debido ás necesidades do hotel de priorizar estadías máis longas.

As reservas con vales regalo xestiónanse única e exclusivamente por teléfono ou correo electrónico; os vales non son aplicables a reservas realizadas a través do sitio web ou de operadores externos.

A dispoñibilidade de aloxamento a través do sitio web pode non coincidir coa dispoñibilidade específica dos vales de agasallo. Ás veces tamén está suxeita a requisitos de estadía mínima.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN

Aplícase a política de cancelación habitual do establecemento:

Unha vez realizada a reserva e o seu uso, se esta se cancela nos últimos 15 días no caso de aloxamento ou nas últimas 48 horas no caso de restaurante, ou se non te presentas, o bono quedará automaticamente anulado sen posibilidade de recuperar o seu importe.

bottom of page