
BALARES BOUTIQUE HOTEL***
Situado xunto á praia de Balarés, na Costa da Morte, no noso encantador hotel poderás gozar dunhas magníficas vistas nun entorno natural privilexiado. Un hotel aberto á paisaxe nun entorno natural de ensoño onde descansar e relaxarse á beira do océano Atlántico. A nosa localización nun espazo natural, zona de especial protección, é garantía de tranquilidade e de perfecta conexión coa natureza.
[Non é posible acceder con mascotas]
-Aloxamento-
A Barda
Apartamento de 45 m2 con 2 dormitorios, ideal para unha familia de 2 adultos e ata 2 menores ( de 10 a 16 anos, non apto para mais pequenos) . Cuarto de baño con ducha e salón-cociña totalmente equipada. Vistas ao mar e ao bosque en todas as súas estancias. 1 cama de matrimonio 150 e 2 liteiras 90. Lareira de leña. Terraza. O aloxamento ideal para unha estadía familiar coa máxima comodidade.
A Barda é unha pequena cala paradisíaca próxima que vos invitamos a descubrir onde gozar da paz e tranquilidade que ofrece este espazo.
-Aloxamento-
O Roncudo
Apartamento de 35 m2 apto para 2 adultos. Cama de matrimonio de 150, baño-ducha e salón-cociña totalmente equipada. Vistas á natureza en toda a estancia. Un aloxamento confortable con lareira de leña e terraza.
Este apartamento toma o seu nome do famoso Faro do Roncudo de Corme, zona percebeira por excelencia e de visita obrigada para contemplar a extraordinaria forza do mar.
-Aloxamento-
Pedra da Serpe
Apartamento de 40 m2 apto para 2 adultos. Cama de matrimonio de 150, baño-ducha e amplo salón comedor con cociña totalmente equipada. Vistas á natureza dende todas as súas estancias e ao mar dende a terraza privada. Lareira de leña.
A Pedra da Serpe é unha enigmática pedra rupestre que podes descubrir percorrendo un dos sendeiros que unen Balarés e Corme.
- Aloxamento
Monte Branco
Apartamento de 45 m2 apto para 2 adultos. Cama de matrimonio 150, salón-cociña totalmente equipado e baño-ducha. Lareira de leña e terraza. Está adaptado a persoas con mobilidade reducida.
O Monte Branco é a duna rampante máis alta de Europa, unha montaña de area branca e fina pola que podes pasear nun agradable paseo dende o hotel e descubrir a súa interminable praia virxe de area fina e as dunas que están aos seus pés.
- Aloxamento
A Furna
Habitación dobre de 17 m2 con vistas ao mar. Cama de matrimonio de 150 e baño con ducha.
Está situado no primeiro andar do hotel-restaurante e accédese por unhas escaleiras interiores.
A Furna está situada na praia de Osmo e é unha cavidade rochosa producida pola acción natural do mar e chea de lendas e acontecementos máxicos.
-Aloxamento-
A Tiñosa
Apartamento de 40 m2 para 2 adultos. Dispón de cama de matrimonio de 150, baño-ducha e salón-cociña. Situado no primeiro andar do hotel-restaurante, acceso por escaleiras interiores. Sen terraza. Vistas ao mar dende a cociña-salón.
A Tiñosa é unha fermosa illa situada ao pé do Monte Branco que podes visitar coa marea baixa ao pasar pola praia da Barra.
A nosa política para familias con menores
As familias son benvidas en Balarés, pero teña en conta que o hotel está especialmente orientado á relaxación e ao descanso dos nosos hóspedes, sendo o silencio e a calma que nos rodean unha das nosas características únicas.
Os nenos menores de 18 anos deben aloxarse cos seus pais/titores no aloxamento 01A Barda, que é especialmente axeitado para familias. Non obstante, teña en conta que estas son liteiras e non teñen ningunha característica de seguridade adicional, polo que só son axeitadas para nenos maiores de 10 anos. Non dispoñemos de camas supletorias.
Rogamos aos hóspedes con nenos que respecten as zonas de xardín comúns, onde está prohibido xogar á pelota, usar patinetes, bicicletas, etc. Teña especial coidado de non invadir as zonas de terraza doutros apartamentos. O noso restaurante non ten menú infantil, pero hai opcións axeitadas para todas as idades.
Lembra sempre especificar na túa reserva se viaxas con menores e as súas idades.









