top of page
DJI_0439.jpeg

EVENTOS

O noso hotel gastronómico é o lugar ideal para celebrar pequenos eventos, tanto familiares como corporativos. Pequenas vodas, celebracións familiares e de amigos, presentacións de produtos, reunións de traballo. Poñemos a disposición de particulares e empresas as nosas instalacións e a nosa gastronomía dun xeito totalmente personalizado.

IMG_8627.jpeg

VODA

Un lugar máxico, con vistas ao mar, onde poder aloxar aos teus hóspedes e ofrecerlles a mellor gastronomía combinada con actividades relacionadas coa natureza nun entorno exclusivo e cun formato totalmente personalizado e á medida.

Capacidade sentados: 36 persoas

Capacidade tipo cóctel: 60 persoas

CORPORATIVO

Un espazo exclusivo para reunir clientes e presentar produtos nun ambiente máxico e coa mellor gastronomía. Marcas exclusivas xa confiaron en nós para as súas presentacións e accións comerciais. Tamén organizamos reunións de traballo, xuntas directivas e calquera outra actividade relacionada coa empresa.

IMG_7462.heic

NÓMADAS DIXITAIS

Balarés é o espazo ideal para nómades dixitais que buscan un lugar de absoluta tranquilidade para desenvolver o seu traballo. Con conexión a internet de fibra de alta velocidade e prezos especiais para longas estancias en tempada baixa. Con servizo de hostalería ou a autonomía dun espazo equipado, con limpeza e todos os servizos incluídos.

IMG_7454.HEIC

CATAS e CEAS-MARIDAXE

Colaboramos coas adegas máis importantes para poder ofrecer degustacións personalizadas ou menús de maridaxe con ou sen acompañamento de sumilleres e enólogos especializados. Eventos exclusivos, con aforo moi limitado para os amantes do bo viño e da mellor gastronomía.

bottom of page