
EXPERIENCIAS
Descubre a Costa da Morte coas nosas emocionantes experiencias. Descubra as nosas vilas de pescadores, praias prístinas, artesanía, mercados locais e impresionantes postas de sol. Con itinerarios planificados e a liberdade de explorar ao teu ritmo, estas experiencias ofrecen a combinación perfecta de aventura e comodidade.

OFICIOS TRADICIONAIS
Coñecer os oficios tradicionais da nosa contorna. Carpinteiros de Ribeira, percebeiros, os Oleiros de Buño, cesteiros... historia, cultura e tradición vencelladas ás nosas paisaxes.
KILÓMETRO CERO
Descobre o auténtico KM0 viaxando aos mercados locais para coñecer o traballo de produtores, artesáns e pescadores.
Experiencias únicas que resaltan os tesouros da gastronomía local.


SOLPORES
Dende Monte-Branco, Punta da Facha e O Roncudo pódense contemplar os mellores solpores da Costa da Morte. Un espectáculo único da natureza nos últimos lugares da Europa continental onde se pon o sol.
VIVIR AMODIÑO
A nosa “slow life” galega, unha forma de gozar do entorno que nos rodea en perfecta harmonía coa natureza.
Coa túa reserva no hotel recibirás un enlace á nosa aplicación web, onde atoparás toda a información, rutas, itinerarios e prezos desta e doutras actividades.
